- As persoas inscritas comprométense a facilitar datos personais actualizados e datos de contacto correctos no Formulario de inscrición.
- As persoas inscritas comprométense a abonar as contías derivadas da súa inscrición, e que se espefifican no apartado 2, no momento que a organización lles indique.
- No caso de incumprir calquera das anteriores, a organización non pode garantir a inscrición.
2 · Cota de inscrición
A organización estabelece unha cota ordinaria a cada participante para poder cubrir gastos derivados da realización e divulgación das xornadas, material didáctico, etc...
O noso desexo é que estas Xornadas sexan o máis asequíbeis posíbel, polo que estabelecemos descontos e mesmo exencións en función da situación personal, que deberá ser xustificada oportunamente á organización cun documento acreditativo que faga fe. No caso contrario aplicarase a cota ordinaria en todos os casos.
- Cota ordinaria: 5€ / persoa
- Exención (Persoa desempregada sen prestacións): 0€ / persoa
3 · Cotas adicionais por xantar e aloxamento
Se desexas pernoctar ou acompañarnos á hora do xantar, a organización conta con acordos para o xantar e o aloxamento das persoas participantes a unha tarifa única. Lembra facer mención disto no apartado correspondente do Formulario de inscrición.
- Xantar 1 (día 1 de xuño): 10€ / persoa
- Aloxamento* (noite do día 1 ao 2 de xuño): 20€ / persoa
- Xantar 2 (día 2 de xuño): 10€ / persoa
3.1 · Condicións de xantar e aloxamento
- Estas cotas son individuais e acumulábeis. É dicir, a estancia dunha persoa con todo incluído ascenderá a 45€, que inclúen cota ordinaria (5€), dous xantares (10€ x 2) e aloxamento (20€)
- No caso de asistiren ás Xornadas en parella, lembren comunicárnolo no apartado correspondente do Formulario de inscrición para procurarmos que compartan estancia.
- No caso de asistiren ás xornadas en familia e precisaren aloxamento, é vontade da organización procurar dentro das súas posibilidades que a unidade familiar permaneza reunida. Para iso, lembren informarnos expresamente a xornadas@montepindo.org do número de persoas, idade e outros datos que poidan ser de utilidade á hora de buscar unha solución. O mesmo rexe no caso de persoas con mobilidade reducida que poidan precisar dunhas condicións específicas no seu aloxamento.
- Non se poderá elixir en cal dos estabelecementos participantes se pernoctará. A organización sorteará as prazas entre o conxunto de persoas que soliciten aloxamento, non habendo lugar a rectificación posterior salvo causa xustificada.
- Este servizo á persoa inscrita só cubre a propia pernoctación durante a noite do 1 a 2 de xuño de 2013. Calquera servizo adicional que a persoa hospedada solicite destes estabelecementos correrán a cargo da mesma.
- Todos os estabelecementos colaboradores son locais de hostalería legais e en activo, sitos no municipio de Carnota.
- Os hóspedes aloxados na mesma habitación faranse cargo solidariamente dos posíbeis desperfectos causados ás instalacións durante a súa estancia se isto se debeu a un uso incorrecto ou descoidado.
- Pedimos o máximo respecto ás ordes e consignas particulares que poidan estabelecer os propietarios destes locais que tan amabelmente aceptaron colaborar con nós, nomeadamente en cuestión de horarios, barullo, etc...
- Non podemos garantir que un grupo numeroso de persoas afíns compartan aloxamento nun mesmo local ou en locais próximos.
4 · Cuestión derradeira de interese xeral
De darse un remanente económico positivo como consecuencia da organización destas Xornadas, este doarase integramente á organización sen ánimo de lucro Asociación Monte Pindo Parque Natural para a realización de actividades relacionadas co potenciamento e o estudo deste espazo natural.