PRAZO REMATADO
Convocatoria para a presentación de Comunicacións
Xornadas de Historia e Patrimonio “De Castros a Castelos”
PETICIÓN
DE TRABALLOS
Mais queremos que toda persoa que teña unha reflexión interesante que achegar poda facelo, máis ala da asistencia e participación nos debates. Para iso abrimos esta Convocatoria para a presentación de Comunicacións, das cales a coordinadora escollerá 8 que contarán co seu Bloque propio nas Xornadas "De Castros a Castelos".
Espérase que as achegas xiren preferentemente en torno das seguintes áreas:
- O mundo dos castros (final da Idade do Bronce en adiante)
- A romanización e transformación dos castros
- A sociedade na Tardoantigüidade, hábitat e poboamento
- Sisnando II e a fortificación da costa galega
- Fortificacións galegas altomedievais
- Doazóns e outros procesos xeopolíticos do reinado de Afonso VII
- Fortificación señorial e arquitectura de poder
- Revolta irmandiña na Costa da Morte (desde Noia ata Vimianzo)
- Patrimonio material sito ou achado no Concello de Carnota
- Patrimonio material sito ou achado no antigo Commisso de Carnota (Municipios de Carnota, Mazaricos, Muros e Outes)
- Patrimonio material sito ou achado na comarca da Costa da Morte (Municipios de Carnota, Dumbría, Cee, Corcubión, Fisterra, Camariñas, Vimianzo e Zas).
As partes interesadas están convidadas a presentar un resumo de 300 palabras (en galego, portugués, castelán ou inglés), xunto coas palabras clave relevantes e unha breve biografía (100 palabras) do autor, antes do 1 de maio de 2013 á coordinadora das Xornadas de Historia e Patrimonio “De Castros a Castelos”, ao enderezo electrónico xornadas@montepindo.org. Esta coordinadora elixirá un máximo de 8 comunicacións, que conformarán o IV Bloque do Programa, e que se desenvolverán entre as 16:00 ata as 18:40 horas do día 2 de xuño de 2013.
A aceptación das propostas será notificada aos seus autores e autoras antes do 15 de maio de 2013.
Publicaranse as actas das Xornadas.